Amosando publicacións coa etiqueta A xeografía é un mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A xeografía é un mundo. Amosar todas as publicacións

José Antonio Labordeta

Nado en Zaragoza en 1935, José Antonio Labordeta foi un cantautor, escritor e político aragonés e profesor de secundaria xubilado.  O seu pai foi catedrático de latín, militante de Izquierda Republicana, que despois do triunfo da sublevación franquista, foi represaliado e veuse obrigado a renunciar á súa cátedra.
José Antonio rematou en 1960 a carreira de Filosofía e Letras, exercendo dous anos como lector de español en Francia. Á volta, en 1963 estivo exercendo a docencia na ensinanza secundaria, primeiro en Teruel e posteriormente en Zaragoza.


Irmán do poeta Miguel Labordeta, é considerado como un dos principais representantes da "canción de autor" española (os chamados cantautores).
Comezou a súa carreira musical en 1963, destacando os seus álbumes Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975) e Las cuatro estaciones (1981). Participou na creación do semanario Andalán. É autor de varios libros de poemas, unha novela (Cada cual que aprenda su juego, 1974) e unhas memorias (Con la voz a cuestas, 1982). Entre os seus últimos títulos destacan Aragón en la mochila (1983), Los amigos contados (1994), Un país en la mochila (1995), Memorias de un beduino en el Congreso de los Diputados (2009). Realizou e presentou o programa de Televisión Española Un país na mochila, parte do cal contén percorridos por Galicia.
Membro da Chunta Aragonesista (CHA) foi elixido deputado por Zaragoza en 2000 e 2004, sendo o voceiro deste partido aragonés no Congreso dos Deputados. A inicios do ano 2008 despediuse do seu escano, pois pensaba non voltar a presentarse as eleccións.
Faleceu, despois dunha longa enfermidade, o 19 de setembro de 2010.
A sua faceta como divulgador da xeografía de España
Un País en la mochila serie producida por TVE e dirixida por José Antonio Labordeta. É un interesante percorrido xeográfico e humano pola riquísima diversidade do Estado.
A serie conseguiu unir a calidade que tivo co éxito de audiencia. A súa principal orixinalidade consiste en saber adaptar ao formato audiovisual o estilo narrativo dos libros de viaxes. Mestura estilo sinxelo e profundo descubrindo paraxes insólitos da xeografía de España.
29 rutas foron narradas e visualizadas entre o ano 1992 e 2000. Estes son os seus títulos:

AL SUR DE ALICANTE (Alicante. C. Valenciana)
VALLE DE ANDARAX (Almería. Andalucía),
LA RUTA DEL MÁRMOL (Almería.Andalucía).
DE PANES A POTES (Asturias e Cantabria),
ENCARTADOS (Bizkaia. País Vasco),
LA VERA DE CÁCERES (Cáceres. Extremadura)
VALLE DEL AMBROZ (Cáceres. Extremadura)
POR TIERRAS DE CANTABRIA (Cantabria)
CAMPO DE CALATRAVA (Ciudad Real-C.La Mancha)
ALTO TAJO Y SEÑORÍO DE MOLINA (Guadalajara.C.La Macha)
SIERRA DE ARACENA (Huelva.Andalucía)
DE LA TRAMUNTANA AL PLÁ (Mallorca.Illas Baleares)
MENORCA (Illas Baleares)
SIERRAS DE SEGURA (Jaén-Andalucía)
ESTAR EN BABIA (León.C-León)
LA RIOJA.
SIERRA NORTE DE MADRID
EL REINO DE LA LUZ (Murcia)
EL VALLE DEL RONCAL (Navarra),
LEJOS DEL MAR (Ourense-Galicia),
BAIXO MIÑO (Pontevedra-Galicia)
LA GOMERA (Sta. Cruz de Tenerife.Canarias)
EL HIERRO (Sta. Cruz de Tenerife.Canarias)
EL DURATÓN (Segovia-C_León)
DONDE EL EBRO SE HACE DELTA (Tarragona-Catalunya)
EL PRIORATO (Tarragona-Catalunya)
EL MAESTRAZGO DE TERUEL (Teruel-Aragón)
ALISTE (Zamora-C.León)
EL MONCAYO (Zaragoza-Aragón)

Un país en la mochila: fragmento de O Baixo Miño


Como cantautor: Albada


Un político peculiar


Parodia publicitaria


Entrevistado por El Follonero

Domingo Fontán. Galicia cartografiada nas súas verdadeiras proporcións

Domingo Fontán Rodríguez (Portadeconde, Portas, 7 de abril de 1788 - Cuntis, 24 de outubro de 1866), ilustrado galego, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.
Pasou boa parte da súa vida vinculada á Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os estudos de Filosofía, matriculouse ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias Exactas e Teoloxía. En 1811 comezou a súa carreira de profesor nesta universidade.



Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano en que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo.

Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, construída en Lousame en 1863, e traballou tamén no deseño do trazado da primeira linea férrea de Galicia en 1858, que uniu Santiago con Carril, proxecto aprobado polas Cortes en 1861, e que non foi inaugurado ata dez anos despois.

Está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Carta Xeométrica de Galicia é un mapa físico de Galicia, o primeiro da historia realizada con medicións matemáticas, obra de Domingo Fontán.

Domingo Fontán investiu na súa realización dezasete anos da súa vida (1817-1834). Esta obra foi o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (medición de bases, triangulación, altimetría barométrica, etc.). Para cartografar Galicia aproveitou os avances científicos, provenientes sobre todo de Francia, e desenvolveu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para os que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago e adquiridos en Paris e Londres.             
Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na Catedral de Santiago de Compostela. En 1817 iniciou os traballos da Carta, realizada a unha escala 1:100.000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para a súa redacción. Nese momento queda exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta Carta tivo que percorrer a pé e a cabalo toda Galicia.  Nela aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e todos os accidentes xeográficos importantes acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 acaba os traballos da Carta, e preséntaa á Rexente María Cristina que dará orde de imprimila. ata 1845 non foi posible a súa impresión, que se realizou en París, baixo a súa dirección polo gravador  L. Bouffard.
O escritor da Xeración Nós, Ramón Otero Pedrayo, conserva unha das Cartas orixinais no seu pazo de Trasalba (Amoeiro, Ourense).

Unha mirada a un veciño español: Marrocos

O escritor Lorenzo Silva narra unha viaxe polas terras do noso veciño do sur

Para Lorenzo Silva percorrer Marrocos é facer realidade un soño de infancia e, á vez, penetrarse no impresionante escenario da aventura bélica do seu avó, combatente do montón na chamada guerra de Africa. Ao longo de oito xornadas, e coa compañía do seu irmán e un amigo, o escritor explora o interior do país para descubrir –e descubrirnos- a áspera rexión do Rif e a zona non menos agreste do Yebala, e de paso lugares como Melilla, Annual, Alhucemas, Xauen, Larache, Alcazarseguer, Tánxer, Fes, a antiga cidade romana de Volúbilis ou Rabat. Tamén a calor atafegante do verán africano -o mesmo calor que sentiron os soldados que loitaban co seu avó-, a cor da terra vermella, como de herrumbre, o sabor do té con hierbabuena, o son da música andalusí ou o silencio dos camiños pésimos e os esmoleiros inmóbiles.

A viaxe desvela o Marrocos presente e o anuda á historia da guerra pasada, que acode a estas páxinas coa enfebrecida claridade da miraxe: combates reducidos a cazarías, o heroísmo inútil, o desdén dos gobernantes, o horror. E fronte aos españois, sobresae Abd o-Krim, artífice da resistencia rifeña, un home capaz de machucar ao inimigo e de render ao mesmo tempo honras militares ao cadáver do seu antigo amigo o coronel Morais, antes de devolvelo nun ataúde de zinc ás autoridades españolas.


Un apuntamento do autor

Hai lugares nos que non nacemos que, por razóns diversas, e ás veces non do todo comprensibles, non nos son estraños. Iso é o que me pasa a min con Marrocos. É unha terra á que me unen vínculos familiares (un dos meus avós está enterrado en Rabat, o outro andou guerreando por terras marroquís desde 1920 ata 1926) e desde que a pisei por primeira vez, alá por 1969, exerceu sobre min unha estraña fascinación. Este libro, en parte un relato de viaxes, e en parte unha reflexión sobre o onte e o hoxe da relación entre Marrocos e España, xurdiu case por casualidade. En realidade, a razón inicial pola que viaxei en 1997 a Marrocos foi para documentarme sobre o terreo mentres preparaba "El nombre de los nuestros", cuxa acción transcorre en terras do Rif, no nordeste do país. Xa que me desprazaba ata esa rexión, atraeume a idea de atravesala de punta a punta, e xa que ía estar preto, pareceume unha boa ocasión para percorrer outros lugares, especialmente a zona do Yebala, por onde estivera o meu avó paterno durante a guerra. O Rif e o Yebala, que xuntas forman a franxa norte de Marrocos, son tamén as dúas grandes rexións en que se dividía o antigo Marrocos español. Mentres durou a viaxe, fun tomando apuntamentos, case sen poder evitalo. Tamén tiña moitas notas sobre a penosa aventura de España no norte de África, sobre as peripecias bélicas do meu avó, sobre a historia de Marrocos en xeral... Xuntando todo iso, o pasado e as impresións tomadas de primeira man do Marrocos actual, saíu este libro. Pode lerse como unha simple narración, porque no fondo non é máis que a recompilación das moitas historias marroquís que me foron saíndo ao paso e que me pareceron interesantes e dignas de ser lembradas. Especialmente para quen viven no meu país, cuxo destino dificilmente pode desligarse das vicisitudes dos nosos veciños de allende o Estreito. 

Monelos, o río da Coruña

O RÍO QUE LATEXA BAIXO OS NOSOS PÉS

Tódalas grandes cidades teñen río. París ten ó río Sena, Londres ó Támesis, Viena o Danubio, Alexandría o río Nilo; a cidade de A Coruña tamén ten un grande río chamado Monelos.
Non ten a lonxitude do Nilo (o río máis longo do mundo) nin a caudalosidade do Amazonas pero é o río máis importante que temos a pesar da ignorancia e o maltrato padecido.


Trátase dun río que está na súa maioría de percorrido mergullado por debaixo das nosas avenidas e rúas e transformado nunha verdadeira Cloaca Máxima como na Roma antiga. O río Monelos (que se chama Mesoiro) canda atravesa o noso barrio e que pasa a poucos metros do instituto, non ten os caimáns dos ríos ecuatoriais pero si unha gran variedade de fauna bañándose nas súas augas turbas por onde navegan veleiros de ferralla e nubes de deterxente.


Dende os outeiros de Feáns ó Areal de San Diego, o río Monelos está hoxe tristemente esquecido, canalizado, sepultado. A súa canle regaba as leiras vizosas de Elviña, San Cristovo das Viñas, Monelos e a Gaiteira. Del bebían as Cernadas, a Camposa, a Horta Grande, O Carracedo, as Mariñas Douradas.
Co paso do tempo, o río foise convertendo no sumidoiro onde ían parar tódalas augas escuras.
O seu traxecto é pequeno, máis intenso, varios brazos importantes enchen o seu caudal. O principal nace un chisco máis arriba do lugar da Castiñeira, rega o val de Feáns e tira cara Mesoiro.
Para salvar o desnivel, formaba unha fervenza que servía para mover as rodas dun batán ou martinete que lle deu nome ó lugar; este tramo de río foi recentemente entubado e fervenza da Coruña desapareceu sen que puidésemos facerlle unha despedida.
Tras estes antigos rápidos, o río volve agromar á superficie (despois de atravesar por embaixo o polígono de Pocomaco). Segue por Someso e a Cabana ata a Ponte de Pedra, onde se axunta cos outros brazos de auga que enchen o seu caudal.
Outro rego nace en Pastoriza, baixa por onda Meicende, a Grela, o Bosque, chega ata San Cristovo das Viñas e desauga no principal nas Laxes de Orro.
Na Fontenova principia outro regato, pasa polas Torres Velas e desemboca no anterior á altura do Bosque.
Da parte de Elviña, dende os rueiros do Souto e do Escorial tamén baixa un afluente importante. E outro máis vén dende Eirís de Abaixo, cruza as Cernandas ata a Ponde de Pedra. Na actualidade, a partir da Ponte de Pedra, o río desaparece definitivamente convertido en sumidoiro. Xusto aquí o río do recordo entraba na Granxa Agrícola. O noso río servía de fronteira, dende aquí ata a súa desembocadura, entre o concello da Coruña e o antigo concello de Oza.
Tiña sona de regato, mais o seu caudal era quen de mover os rodicios dos muíños de Reboredo e da Trigá.
Tras dos muíños, tirando cara á Gaiteira, tamén tiña a súa particular conca do Rhur, comporta pola fundición de “Solórzano” os depósitos da Campsa e a antiga estación do ferrocarril.
Antes do encontro final coa inmensidade oceánica no Areal de San Diego, o río Monelos, na súa vellez, vivía unha experiencia mística e transcendente na Horta das Monxas, entre canas de bambú.
Xa que na cidade non hai sitio para el, que ninguén nos roube a súa memoria. 


Javier Reverte un viaxeiro infatigable

Javier Martínez Reverte naceu en Madrid en 1944. Cursou estudos de Filosofía e Xornalismo. Foi corresponsal en Londres, París e Lisboa, entre outros destinos. Dentro do mundo xornalístico exerceu diversas funcións tales como ser subdirector do diario “Pueblo”. Tamén foi guionista de radio e de televisión.
A súa produción literaria abarca novelas, poemarios e libros de viaxes. É neste xénero en que colleitou máis popularidade: a súa “Trilogía de África” (composta por “El sueño de África”, “Vagabundo en África” e “Los caminos perdidos de África”) reportoulle gran consideración por parte do público. Outros libros de viaxes trataron sobre América Central, as Amazonas, Grecia, Turquía e Exipto.
Á parte dalgúns poemarios como “Metrópolis e “El volcán herido”, e ensaios como “Dios, el diablo y la aventura”, tivo éxito con novelas como “Todos los sueños del mundo” ou “La noche detenida”.



Os seus libros de viaxes son auténticos best sellers detacando:

En mares salvajes. Un viaje por el Ártico (2011)

El río de la luz (2009) (Descenso polo río Yukon ata chegar a Alaska)

Una historia africana (2009) (África)

La aventura de viajar. Historias (2006) de viajes extraordinarios (viaxes polo mundo)

Corazón de Ulises (2006) (viaxe ao mundo helenístico)

Trilogía de Centroamérica (2006)

El médico de Ifni (2005) (novela. Ficción pero trata moi ben a cuestión saharaui)

El río de la desolación. Un viaje por el Amazonas (2004)

Vagabundo en África (2004) (de Sudáfrica ao Congo)

La última frontera (2004) (fronteiras do mundo)

Los caminos perdidos de África (2002) (de Etiopía a Exipto: percorrido polo Nilo)

Dios, el diablo y la aventura (2001). Un relato sobre o xesuíta Pedro Páez que descubriu o Nilo Azul.

Billete de ida (2000). Trátase dunha antoloxía de reportaxes viaxeiros.

El sueño de África. En busca de los mitos blancos del continente negro (1998) (África sudoriental)

Bienvenidos al Infierno. Días de Sarajevo (1994) (o conflito dos Balcáns)

A crise de Grecia vista por un comisario

Kostas Jaritos, protagonista da novela Con el agua al cuello, profundiza sobre a sociedade grega actual

 Nunha Grecia ao borde da bancarrota e cos cidadáns na rúa protestando contra os recortes sociais, o comisario Jaritos deberá investigar unha serie de asasinatos de directivos ligados ao mundo financeiro.


Quen é Kostas Jaritos?

O protagonista desta novela e doutras da mesma colección, é un comisario de Homicidios de Atenas.
Ten vivido moitos episodios da historia de Grecia, e xa asumiu o seu pasado de xove policía durante a Xunta Militar dos Coroneis; desta época quédalle un bo amigo Zisis, comunista que sufriu a tortura e o cárcere durante a ditadura. Está casado con Adrianí, unha muller cun carácter moi forte que non lle aforra discusións nin pelexas. A súa mirada sobre a Atenas contemporánea é irónica e escéptica, as súas opinións contundentes e politicamente incorrectas. Jaritos sempre chama ás cousas polo seu nome, incluso para reírse das ansias internacionalistas da Grecia posolímpica e, agora, para criticar a xestión da grave crise económica que afecta ao mundo occidental.

Quen é Petros Márkaris?

 O escritor desta novela naceu no ano 1937. Estudiou ciencias económicas en Viena e en Stuttgart, trasladouse a Atenas, onde reside na actualidade. Guionista de televisión e autor teatral, ten colaborado en varios guións do cineasta grego Theo Angelopoulos, entre os que destacan La Mirada de Ulises (1995) e La eternidad y un día (Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1998). Asimesmo, traduciu a importantes autores da lingua alemana como J.W. Goethe, Arthur Schnitzler, Bertolt Brecht e Thomas Bernhard. A fama chegoulle coa serie de novelas policíacas protagonizadas polo comisario grego Kostas Jaritos.
Obras deste autor traducidas ao español:

Noticias de la noche, 1995 Ediciones B (2000) (reeditada por Tusquets no 2008)
Defensa cerrada, 1998 Ediciones B (2001) reeditada por Tusquets no 2008)
Suicidio perfecto, 2003 Ediciones B (2004)
Un caso del comisario Jaritos y otros relatos clandestinos, 2005 Ediciones B (2006)
El accionista mayoritario, 2006 Tusquets (2008)
Muerte en Estambul, 2008 Tusquets (2009)
Con el agua al cuello, 2010 Tusquets (2011)

Enlaces de interese:

Editorial Tusquets 
Lectura dun fragmento da obra
Grecia e os gregos segundo Petros Márkaris no programa de RTVE "En portada"
Elpais.com/cronica-negra/febre de suicidios en Grecia un caso irresoluble para o comisario Jaritos


Trolebuses na Coruña


Documental inglés sobre este medio de transporte público

Funcionou na Coruña ata principios de 1977


A outra Oza, Santa María , fusionouse hai 100 anos

Á volta coas fusións municipais

«A horta da Coruña» pasou a formar parte do municipio coruñés, tras un longo e polémico proceso

«A todos os que a presente veren e entenderen, sabede: que as Cortes decretaron e Nós sancionado o seguinte: Artigo 1º. Agrégase ao termo municipal da Coruña (sic) o de Santa María de Oza». Isto dicía o 13 de xullo de 1912 a Gaceta de Madrid (agora Boletín Oficial do Estado) nun texto datado dous días antes e encabezado por «Don Alfonso XIII pola graza de Deus e a Constitución, Rei de España».
Era a anexión doutra Oza, a de Santa María , engulida hai agora cen anos pola Coruña que entón tiña 8 quilómetros cadrados, tres veces menos que os 24 de Santa María de Oza.
A porcentaxe era notablemente inverso na poboación, con case 50.000 veciños coruñeses fronte a uns 9.000 residentes de Oza.
Sta. María de Oza: un concello na periferia da Coruña
Con aquela decisión das Cortes concluía un longo e polémico proceso de fusión de máis de dúas décadas entre un municipio urbano, como o coruñés, e outro rural onde «a poboación é maiormente de condición humilde e dedícase á agricultura e a gandería, é a horta do Concello da Coruña».
A absorción de Oza pola Coruña, xunto coa de Conxo por Santiago en 1925 e a de Serantes por parte de Ferrol en 1940, son os tres casos de fusión de concellos que tiveron lugar na provincia coruñesa durante o último século (se non temos en conta a modificación de de parroquias que pasaron dun concello a outro nalgúns concellos coruñeses). Ao ano seguinte da de Serantes, sería o de Vigo o que absorbería ao de Lavadores. E aí terminou a tendencia anexionista, que deu paso nos anos oitenta ás segregacións: Cariño de Ortigueira, Burela de Cervo e A Illa de Arousa de Vilanova.

 

Xeografía de Galicia: Golfo Ártabro e Terras de Cedeira

Rasa Cantábrica e Arco Ártabro
47:38 -fai 5 anos
SERIE. XEOGRAFÍA GALEGA Producido por: Consello da Cultura Galega Televisión de Galicia. TVG. Hércules de Ediciones S.A Sinopse: Foz. Burela. Rinlo. Praia das Catedrais. Estaca de Bares. Mondoñedo. Lourenzá. A Capelada. San Andrés de Teixido. Cedeira. Lagoas da Frouxeira e Doniños. Ferros. Moeche. Río Belelle. As Pontes. As Fragas do Eume. Caaveiro. Betanzos. Sada. A Coruña...  

14 quilómetros

Unha película española sobre a inmigración

Ficha técnica:
ANO: 2007
DURACIÓN: 95'
DIRECTOR: Gerardo Olivares
GUIÓN: Gerardo Olivares
MÚSICA: Santi Vega
FOTOGRAFÍA: Alberto Moro
REPARTO: Adoum Moussa, lliassou, Mahamadou Alzouma, Aminata Kanta

Políticos e sociólogos coinciden en que a inmigración é o maior problema ao que Occidente deberá enfrontarse no século XXI. "14 quilómetros" é a distancia que separa o continente africano de Europa polo Estreito de Xibraltar. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en Europa porque o fame non entende de fronteiras nin de barreiras. Esta longametraxe quere aportar un pouco de luz ás sombras da inmigración. Da man de Buba Kanou, Violeta Sunny Sunny e de Mukela Kanou, coñeceremos un pouquiño máis sobre a realidade de África e, xunto a eles, emprenderemos un perigoso e longa viaxe cara a Europa, atravesando Mali, Níger, Alxeria e Marrocos.


Ribadelago, 1959. Traxedia na comarca de Sanabria

Que pasa cando rompe un encoro?
A España do franquismo: da autarquía ao desarrollismo

Reportaxe realizada por Documentos TV, no 50 aniversario da traxedia de Ribadelago (Zamora) na que morreron 144 persoas dos 549 veciños. Na rotura da presa de Vega de Tera, na comarca de Sanabria, o 9 de xaneiro de 1959, só se recuperaron 24 corpos, o resto xacen no fondo do Lago de Sanabria. Emitido o 13 de xaneiro de 2009 na 2 de Televisión Española.




Imaxe actual de Ribadelago (Sanabria)
         
Veiga do Tera                                                                                       
Presentación elaborada pola Subdelegación do Goberno de Zamora na conmemoración do 50 aniversario da traxedia

Exposición sobre os censos de poboación en España

Organizada polo Instituto Nacional de Estadística

Con motivo da elaboración dos Censos de Poboación e Vivendas 2011, o Instituto Nacional de Estatística seleccionou unha mostra de documentación e material que fai un percorrido polas principais operacións de reconto e rexistro da poboación dende o século IX.

Ademais da exposición que puido visitarse na sede central do INE dende setembro ata novembro de 2011, realizouse unha presentación dixital que permite o acceso aos contidos desta mostra a tódolos usuarios interesados.


Río Eume

Atentado ecolóxico no 2008

Españistán

A situación da crise económica en España contada nun vídeo duns seis minutos


Hijos de las nubes, la última colonia

Este documental producido e protagonizado por Javier Bardem, é o ganador da Camella Branca, o primeiro premio do Festival de Cine do Sahara (FiSahara)que se celebra nun campamento de refuxiados no corazón deste deserto. Este documental producido e protagonizado por Javier Bardem, é o gañador da Camella Branca, o primeiro premio do Festival de Cine do Sahara (FiSahara)que se celebra nun campamento de   refuxiados no corazón deste deserto.

  
Dirixido por Álvaro Longoria, este filme que analiza os intereses políticos e estratéxicos que impiden a resolución do conflito saharaui, foi estreado baixo as estrelas de Dajla antes de que poida verse en salas  comerciais en España e tras ser presentada na Berlinale.


  

Na película, Bardem conduce ao espectador desde as raíces do conflito ata a situación actual de estancamento e esquecemento do drama saharaui. 
O codirector do festival, o actor Willy Toledo, considerou que era "previsible" que 'Fillos das nubes' alzásese co premio, porque "sempre que hai unha gran película que aborda o conflito saharaui, como 'O problema' fai dous anos, apréciase moito aquí". O actor destacou igualmente que o documental de Bardem "ten un enfoque de alta política, os corredores da ONU, os dirixentes mundiais, que non vira noutras películas de temática saharaui, e ademais é moi didáctica para quen non coñecen o conflito". No acto de clausura deste festival solidario, que naceu hai nove anos co fin de dar a coñecer a realidade esquecida do pobo saharaui, darase lectura ao manifesto asinado polos invitados, actores e directores. Será un chamamento á sociedade civil española e internacional para que presionen aos seus gobernos na procura dunha solución xusta ao conflito do Sahara Occidental. "Hase de celebrar dunha vez por todas o referendo no Sahara Occidental. 
A ONU debe asumir a vixilancia no cumprimento dos dereitos humanos nos territorios ocupados antes de que o seguinte morto sexa a mecha que obrigue aos saharauis a retomar un camiño, o da violencia, que nin eles mesmos desexan", sinalan no manifesto. Dirixido por Álvaro Longoria, este filme que analiza os intereses políticos e estratéxicos que impiden a resolución do conflito saharaui, foi estreado baixo as estrelas de Dajla antes de que poida verse en salas comerciais en España, e tras ser presentado na Berlinale. Na película, Bardem conduce ao espectador desde as raíces do conflito ata a situación actual de estancamento e esquecemento do drama saharaui. 
O codirector do festival, o actor Willy Toledo, considerou que era "previsible" que 'Fillos das nubes' alzásese co premio, porque "sempre que hai unha gran película que aborda o conflito saharaui, como 'O problema' fai dous anos, apréciase moito aquí". O actor destacou igualmente que o documental de Bardem "ten un enfoque de alta política, os corredores da ONU, os dirixentes mundiais, que non vira noutras películas de temática saharaui, e ademais é moi didáctica para quen non coñecen o conflito". No acto de clausura deste festival solidario, que naceu hai nove anos co fin de dar a coñecer a realidade esquecida do pobo saharaui, darase lectura ao manifesto asinado polos invitados, actores e directores. Será un chamamento á sociedade civil española e internacional para que presionen aos seus gobernos na procura dunha solución xusta ao conflito do Sahara Occidental. "Hase de celebrar dunha vez por todas o referendo no Sahara Occidental. A ONU debe asumir a vixilancia no cumprimento dos dereitos humanos nos territorios ocupados antes de que o seguinte morto sexa a mecha que obrigue aos saharauis a retomar un camiño, o da violencia, que nin eles mesmos desexan", sinalan no manifesto.

Conservación da Lagoa da Frouxeira (O Valdoviño)

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) responsabiliza dos problemas das inundacións á nefasta xestión da Xunta na protección deste importante humidal

Adega responsabiliza á Xunta dos problemas que se rexistran na actualidade na lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, nos seguintes termos:
"Diante das enchentes acontecidas na veciñanza da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, ADEGA denuncia que débense á nefasta xestión deste espazo por parte da administración con intervencións que nunca se deberon proxectar, autorizar, ou executar sen ter en conta a dinámica e a oscilación natural do humidal. Todo isto provocou unha acelerada degradación da lagoa convertida primeiro nunha chaira seca e logo, exposta á influencia directa do océano, nunha badía obturada que funciona coma un encoro. Diante disto, a Xunta incumpríu o compromiso asumido en 2010 a instancias do Parlamento Galego para a creación dun "plano de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”. Xogar a aprendiz de bruxo cos ecosistemas naturais trae estas consecuencias.
Cúmprense xustamente agora dous anos desde o baleirado intencionado e neglixente na lagoa en decembro do 2009 autorizado e dirixido pola propia Consellería do Medio Rural (administración encargada da súa conservación) e que a deixou nun moi mal estado de conservación. Algo lamentable nun espazo natural que ten cinco figuras de protección ambiental a nivel galego, nacional e internacional. Esta lagoa pasou estes 2 anos agónicos cun réxime de inundación anómalo que ocasionou a erosión do sistema dunar e a destrucción de parte das dunas que a protexían do mar ante a pasividade e inactividade da Consellería do Medio Rural.

"Pasaron dous anos nos que non observamos ningunha mellora substancial na xestión do espazo natural protexido. Dous anos nos que as afeccións sobre os hábitats e sobre as especies continuaron, ou mesmo incrementáronse (desbroces sobre hábitats prioritarios, lumes, uso público irracional e insostible, uso de munición de chumbo nos humidais, etc). Actuacións que evidencian un claro incumprimento da Consellería de Medio Rural, das Directivas Aves e Hábitats, así como das obrigas establecidas no Convenio de Ramsar.
"Despois de dous anos sen tomar ningunha medida de xestión, a dinámica natural da lagoa, pon en evidencia a inadecuación de distintas actuacións realizadas sobre a zona de inundación (paseo marítimo, senda peonil, parcelas de vivendas). Actuacións que nunca se deberon autorizar, permitir, e menos aínda proxectar sen ter en conta a oscilación natural que se produce no humidal.
"Tralas denuncias reiteradas de ADEGA, o propio Conselleiro do Medio Rural declaraba no Día Mundial dos Humidais de 2010, que na apertura da lagoa “se lles foi a man” e prometía que antes de fin de ano (de 2010) disporíase dun "plan científico para conservar os humidais para o que a Consellería contactou con dous equipos técnicos especializados en simulacións de sistemas hidrolóxicos e hidráulica, para avaliar as súas propostas ao respecto. O equipo seleccionado traballará con outros expertos en botánica, zooloxía e ecoloxía, co obxectivo de probar a idoneidade das accións. Este estudo comezará de maneira inmediata, na primeira quincena deste mes de febreiro (2010)”. Estas declaracións foron posteriormente ratificadas en sede parlamentar. O propio Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, prometeu no 2010 “a creación dun plan de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”.
"E despois de dous anos instalada na pasividade a Consellería acaba de anunciuar nos medios que “durante o último ano están tomando datos diarios do seu nivel”. Non é isto o que prometera o Sr. Conselleiro do Medio Rural.
"ADEGA solicita á Consellería, que pasado longamente o prazo dado polo Conselleiro do Medio Rural, fáganse públicos eses estudos científicos sobre a evolución da lagoa nestes dous anos e que se expoña o “plan de conservación” prometido, se os hai. E recordámoslle á Consellería que, en calquera caso, os estudos non son o instrumento de xestión dun espazo natural protexido e que ao “plan de conservación” ao que se refiriu o Sr. Director Xeral terá que ter un periodo de información pública e aprobarse cun Decreto da Xunta para poder establecerse legalmente as medidas de conservación no humidal.
"E mentras tanto, recordámoslle á Consellería do Medio Rural a obriga de cumprir e facer cumprir a lexislación que afecta aos espazos naturais protexidos, e que calquera iniciativa que se tome teña como obxectivo a conservación e mellora do humidal, lexislación que non se tivo en conta na apertura da lagoa de 2009.

Katmandú

Trala súa última película 'También la lluvia', Iciar Bollain estrea en febreiro de 2012 o seu novo traballo, 'Katmandú', baseado en feitos reais.

Conta a historia de Laia, unha moza mestra catalá, que se traslada a Katmandú para traballar nunha escola local. Pronto descubrirá unha pobreza extrema e un panorama educativo desolador que ademais deixa fóra aos máis necesitados.


Tras contraer, ao seu pesar, un matrimonio de conveniencia para legalizar a súa situación, Laia emprende un ambicioso proxecto pedagóxico nos barrios de chabolas de Katmandú, aínda que pronto se dá conta de que non pode facelo soa. Ao mesmo tempo, de forma inesperada, namórase do seu marido.

Seguindo á moza mestra Sharmila, emprende unha viaxe ata o fondo da sociedade nepalí, e tamén ata o fondo de si mesma. Drama que se basea na historia real da mestra Vitoria Subirana, unha catalá nada en 1959, que descubriu que o seu traballo era moito máis útil nun país sen alfabetizar. A cinta está protagonizada por Verónica Echegui, Sumyata Battarai e Norbu Tsering Gurun.

Os adeuses

Exposición realizada polo Consello da Cultura Galega e Fundación Barrié no 2010-2011

Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí compónse de 73 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 dende os portos da Coruña e Vigo. A exposición distribúese en tres áreas (A Ida, A Volta, e o Buque Santa María), con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque ou desembarque dos buques que os levaban cara a América.


Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922), que rexistrou estas imaxes coas súas cámaras nos portos da Coruña e de Vigo, entre os anos 1957 e 1963, aínda segue en activo, ordenando e clasificando o seu arquivo, que pode chegar a un millón de negativos. Comezou con 12 anos en Foto Blanco, collendo o traspaso deste estudo en 1953. Compaxinou o seu traballo con colaboracións na prensa. Recibiu varios premios nacionais e internacionais e a súa inquedanza fotográfica traspasou as fotos para cubrir noticias, reportaxes de vodas, reportaxes sociais... Entre estes traballos destaca a súa serie sobre a emigración. Para José Caruncho, coordinador técnico da exposición que escolma ese material, este fotógrafo foi un “cabaleiro da fotografía” que conseguiu retratar toda un fenómeno social con humanidade, fondura e grande sentimento.

A mostra, froito da alianza entre diversas institucións -Fundación Barrié de la Maza, Consello da Cultura Galega, CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe), Arquivo da Emigración de Galicia, e a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia-, púxose en marcha en xullo de 2010 na sede coruñesa da Fundación Barrié, chegando en abril de 2011 á sede de Vigo e, posteriormente, en maio de 2011, ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Fonte: Fundación Barrié de la Maza / Museo do Pobo Galego