Amosando publicacións coa etiqueta poboación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poboación. Amosar todas as publicacións

14 quilómetros

Unha película española sobre a inmigración

Ficha técnica:
ANO: 2007
DURACIÓN: 95'
DIRECTOR: Gerardo Olivares
GUIÓN: Gerardo Olivares
MÚSICA: Santi Vega
FOTOGRAFÍA: Alberto Moro
REPARTO: Adoum Moussa, lliassou, Mahamadou Alzouma, Aminata Kanta

Políticos e sociólogos coinciden en que a inmigración é o maior problema ao que Occidente deberá enfrontarse no século XXI. "14 quilómetros" é a distancia que separa o continente africano de Europa polo Estreito de Xibraltar. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en Europa porque o fame non entende de fronteiras nin de barreiras. Esta longametraxe quere aportar un pouco de luz ás sombras da inmigración. Da man de Buba Kanou, Violeta Sunny Sunny e de Mukela Kanou, coñeceremos un pouquiño máis sobre a realidade de África e, xunto a eles, emprenderemos un perigoso e longa viaxe cara a Europa, atravesando Mali, Níger, Alxeria e Marrocos.


Exposición sobre os censos de poboación en España

Organizada polo Instituto Nacional de Estadística

Con motivo da elaboración dos Censos de Poboación e Vivendas 2011, o Instituto Nacional de Estatística seleccionou unha mostra de documentación e material que fai un percorrido polas principais operacións de reconto e rexistro da poboación dende o século IX.

Ademais da exposición que puido visitarse na sede central do INE dende setembro ata novembro de 2011, realizouse unha presentación dixital que permite o acceso aos contidos desta mostra a tódolos usuarios interesados.


Evolución da poboación en Galicia (2001-2011)

A poboación galega medrou na última década grazas a inmigración

 En 62.506 habitantes medrou a poboación galega na última década segundo a comparativa dos padróns municipais revisados destes dous períodos. Como se pode observar na táboa, son as provincias atlánticas as que tiran do crecemento mentres que as provincias do interior seguen cunha tendencia cara ao despoboamento.
Este crecemento vén motivado ,principalmente, polo fenómeno inmigratorio dado que o crecemento natural mantense en cifras negativas.

Evolución xeral dos distintos concellos 

Os datos da táboa e o mapa son moi significativos dos enormes contrastes producidos na evolución da poboación por comarcas e concellos. Algo menos do 30% dos concellos galegos medraron en poboación na última década. Se observamos os datos e o mapa temático, a maioría concentranse nas provincias occidentais destacando principalmente a provincia de Pontevedra na que en case dous terzos dos seus concellos medrou a poboación. O eixe Atlántico dende o Golfo Ártabro, vertebrado pola área metropolitana  coruñesa, pasando polas comarcas de Santiago, Pontevedra e a área metropolitana viguesa para continuar ata o Baixo Miño centralizan a maioría dos concellos que incrementaron a poboación. No caso contrario tanto Lugo como Ourense perderon poboación case no 90% dos seus municipios.

Análise por provincias
 
A Coruña: nun terzo dos concellos subiu a poboación nesta última década. Estes concellos concéntranse na área metropolitana da Coruña con máis de 400.000 habitantes. A área metropolitana expande radialmente o crecemento cara A Laracha e Carballo, no sector occidental. En dirección á comarca de Ordes e cara Ferrolterra, pechando o denominado Golfo Ártabro. É precisamente en Ferrolterra onde se dá un fenómeno contraditorio. Por un lado hai un incremento demográfico principalmente no concello de Narón (en menor medida en Valdoviño) pero Ferrol e moitos dos dos concellos da comarca (Fene, Mugardos, San Sadurniño, Neda...) perden poboación. A crise do sector naval que afectou en décadas anteriores segue dando mostra deste letargo.
Outra comarca importante de crecemento demográfico é a Terra de Santiago. Principalmente o incremento prodúcese na periferia de Santiago que son os que o impulsan, destacando o concellos de Ames e Teo e, en menor medida Brión e Oroso. Case 180.000 habitantes concéntranse ao redor da capital de Galicia. Por último destacar outras áreas de incremento de poboación: Noia e o Barbanza. Neste último caso a situación é irregular posto que só medran os concellos situados na ría de Arousa e non todos (só Boiro e Ribeira subiron en poboación na última década).
Noutra cara da moeda están os 62 concellos que perderon poboación. Concéntranse en tres áreas: o norte da provincia (comarca de Ortegal), o interior oriental e, sobre todo, na Costa da Morte. Só un concello deste área incrementou a poboación nos últimos dez anos: Cee.

Lugo e Ourense: o interior galego acapara a inmensa maioría do decrecemento demográfico. No caso de Lugo tan só 7 dos 67 municipios incrementan a poboación estes atópanse en dúas áreas: a Mariña lucense (Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo) suben  e no centro a capital e os concellos limítrofes a  esta (Outeiro de Rei e Rábade) son os únicos exemplos desta subida. O resto perde poboación, destacando os concellos orientais (con fortes baixadas) onde predominan as áreas montañosas.
O caso de Ourense é moi similar (11 dos 92) concentrados no entorno de Ourense (Barbadás, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar a pesar de que a súa capital perde poboación) e nas cabezas comarcais do Carballiño, Ribadavia, Allariz, Xinzo de Limia, Verín e o Barco de Valdeorras. O sur da provincia e a súa parte oriental é a que concentra as maiores perdas demográficas.

Pontevedra: como sinalamos anteriormente, é a que tivo maior incremento demográfico tanto en termos absolutos como relativos. As comarcas que teñen maior incremento centranse na área metropolitana de Vigo (con máis de 500.000 habitantes), Pontevedra, a comarca do Salnés, do Morrazo, o Baixo Miño, O Condado e A Paradanta. No interior da provincia é onde se sitúan os exemplos de baixada. Aínda así, concellos da comarca do Deza como Lalín e Silleda incrementan a súa poboación.

Os adeuses

Exposición realizada polo Consello da Cultura Galega e Fundación Barrié no 2010-2011

Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí compónse de 73 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 dende os portos da Coruña e Vigo. A exposición distribúese en tres áreas (A Ida, A Volta, e o Buque Santa María), con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque ou desembarque dos buques que os levaban cara a América.


Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922), que rexistrou estas imaxes coas súas cámaras nos portos da Coruña e de Vigo, entre os anos 1957 e 1963, aínda segue en activo, ordenando e clasificando o seu arquivo, que pode chegar a un millón de negativos. Comezou con 12 anos en Foto Blanco, collendo o traspaso deste estudo en 1953. Compaxinou o seu traballo con colaboracións na prensa. Recibiu varios premios nacionais e internacionais e a súa inquedanza fotográfica traspasou as fotos para cubrir noticias, reportaxes de vodas, reportaxes sociais... Entre estes traballos destaca a súa serie sobre a emigración. Para José Caruncho, coordinador técnico da exposición que escolma ese material, este fotógrafo foi un “cabaleiro da fotografía” que conseguiu retratar toda un fenómeno social con humanidade, fondura e grande sentimento.

A mostra, froito da alianza entre diversas institucións -Fundación Barrié de la Maza, Consello da Cultura Galega, CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe), Arquivo da Emigración de Galicia, e a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia-, púxose en marcha en xullo de 2010 na sede coruñesa da Fundación Barrié, chegando en abril de 2011 á sede de Vigo e, posteriormente, en maio de 2011, ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Fonte: Fundación Barrié de la Maza / Museo do Pobo Galego

Da España que emigra á España que acolle

Páxina web dunha exposición elaborada pola UXT sobre as migracións exteriores en España


Instituto Nacional de Estadística

O Instituto Nacional de Estatística é un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito ao Ministerio de Economía e Facenda, á organización estatística en España e a súa lexislación, ao Sistema Estatístico Europeo e cómo está organizado e tamén á Oficina do Censo Electoral, que es el órgano encargado da formación do censo electoral.

As escolas da emigración

Cando o Estado non foi capaz de educar aos seus cidadáns, foron os emigrantes os que crearon as escolas nas súas vilas e parroquias. Un impulso educativo produciuso no primeiro terzo do século XX


Escolas García Naveira (Betanzos)