Amosando publicacións coa etiqueta Auga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Auga. Amosar todas as publicacións

Monelos, o río da Coruña

O RÍO QUE LATEXA BAIXO OS NOSOS PÉS

Tódalas grandes cidades teñen río. París ten ó río Sena, Londres ó Támesis, Viena o Danubio, Alexandría o río Nilo; a cidade de A Coruña tamén ten un grande río chamado Monelos.
Non ten a lonxitude do Nilo (o río máis longo do mundo) nin a caudalosidade do Amazonas pero é o río máis importante que temos a pesar da ignorancia e o maltrato padecido.


Trátase dun río que está na súa maioría de percorrido mergullado por debaixo das nosas avenidas e rúas e transformado nunha verdadeira Cloaca Máxima como na Roma antiga. O río Monelos (que se chama Mesoiro) canda atravesa o noso barrio e que pasa a poucos metros do instituto, non ten os caimáns dos ríos ecuatoriais pero si unha gran variedade de fauna bañándose nas súas augas turbas por onde navegan veleiros de ferralla e nubes de deterxente.


Dende os outeiros de Feáns ó Areal de San Diego, o río Monelos está hoxe tristemente esquecido, canalizado, sepultado. A súa canle regaba as leiras vizosas de Elviña, San Cristovo das Viñas, Monelos e a Gaiteira. Del bebían as Cernadas, a Camposa, a Horta Grande, O Carracedo, as Mariñas Douradas.
Co paso do tempo, o río foise convertendo no sumidoiro onde ían parar tódalas augas escuras.
O seu traxecto é pequeno, máis intenso, varios brazos importantes enchen o seu caudal. O principal nace un chisco máis arriba do lugar da Castiñeira, rega o val de Feáns e tira cara Mesoiro.
Para salvar o desnivel, formaba unha fervenza que servía para mover as rodas dun batán ou martinete que lle deu nome ó lugar; este tramo de río foi recentemente entubado e fervenza da Coruña desapareceu sen que puidésemos facerlle unha despedida.
Tras estes antigos rápidos, o río volve agromar á superficie (despois de atravesar por embaixo o polígono de Pocomaco). Segue por Someso e a Cabana ata a Ponte de Pedra, onde se axunta cos outros brazos de auga que enchen o seu caudal.
Outro rego nace en Pastoriza, baixa por onda Meicende, a Grela, o Bosque, chega ata San Cristovo das Viñas e desauga no principal nas Laxes de Orro.
Na Fontenova principia outro regato, pasa polas Torres Velas e desemboca no anterior á altura do Bosque.
Da parte de Elviña, dende os rueiros do Souto e do Escorial tamén baixa un afluente importante. E outro máis vén dende Eirís de Abaixo, cruza as Cernandas ata a Ponde de Pedra. Na actualidade, a partir da Ponte de Pedra, o río desaparece definitivamente convertido en sumidoiro. Xusto aquí o río do recordo entraba na Granxa Agrícola. O noso río servía de fronteira, dende aquí ata a súa desembocadura, entre o concello da Coruña e o antigo concello de Oza.
Tiña sona de regato, mais o seu caudal era quen de mover os rodicios dos muíños de Reboredo e da Trigá.
Tras dos muíños, tirando cara á Gaiteira, tamén tiña a súa particular conca do Rhur, comporta pola fundición de “Solórzano” os depósitos da Campsa e a antiga estación do ferrocarril.
Antes do encontro final coa inmensidade oceánica no Areal de San Diego, o río Monelos, na súa vellez, vivía unha experiencia mística e transcendente na Horta das Monxas, entre canas de bambú.
Xa que na cidade non hai sitio para el, que ninguén nos roube a súa memoria. 


Ribadelago, 1959. Traxedia na comarca de Sanabria

Que pasa cando rompe un encoro?
A España do franquismo: da autarquía ao desarrollismo

Reportaxe realizada por Documentos TV, no 50 aniversario da traxedia de Ribadelago (Zamora) na que morreron 144 persoas dos 549 veciños. Na rotura da presa de Vega de Tera, na comarca de Sanabria, o 9 de xaneiro de 1959, só se recuperaron 24 corpos, o resto xacen no fondo do Lago de Sanabria. Emitido o 13 de xaneiro de 2009 na 2 de Televisión Española.




Imaxe actual de Ribadelago (Sanabria)
         
Veiga do Tera                                                                                       
Presentación elaborada pola Subdelegación do Goberno de Zamora na conmemoración do 50 aniversario da traxedia

Río Eume

Atentado ecolóxico no 2008

Río Miño

Ramón e Mónica

Rio Tajo





O Tajo é o maior río da Península Ibérica, á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Sierra de Albarracín, que pertenece aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.

Alba Vidal e Christian Oanes


Río Ebro

Alex Tomé & Jorge de Dios

Conservación da Lagoa da Frouxeira (O Valdoviño)

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) responsabiliza dos problemas das inundacións á nefasta xestión da Xunta na protección deste importante humidal

Adega responsabiliza á Xunta dos problemas que se rexistran na actualidade na lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, nos seguintes termos:
"Diante das enchentes acontecidas na veciñanza da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, ADEGA denuncia que débense á nefasta xestión deste espazo por parte da administración con intervencións que nunca se deberon proxectar, autorizar, ou executar sen ter en conta a dinámica e a oscilación natural do humidal. Todo isto provocou unha acelerada degradación da lagoa convertida primeiro nunha chaira seca e logo, exposta á influencia directa do océano, nunha badía obturada que funciona coma un encoro. Diante disto, a Xunta incumpríu o compromiso asumido en 2010 a instancias do Parlamento Galego para a creación dun "plano de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”. Xogar a aprendiz de bruxo cos ecosistemas naturais trae estas consecuencias.
Cúmprense xustamente agora dous anos desde o baleirado intencionado e neglixente na lagoa en decembro do 2009 autorizado e dirixido pola propia Consellería do Medio Rural (administración encargada da súa conservación) e que a deixou nun moi mal estado de conservación. Algo lamentable nun espazo natural que ten cinco figuras de protección ambiental a nivel galego, nacional e internacional. Esta lagoa pasou estes 2 anos agónicos cun réxime de inundación anómalo que ocasionou a erosión do sistema dunar e a destrucción de parte das dunas que a protexían do mar ante a pasividade e inactividade da Consellería do Medio Rural.

"Pasaron dous anos nos que non observamos ningunha mellora substancial na xestión do espazo natural protexido. Dous anos nos que as afeccións sobre os hábitats e sobre as especies continuaron, ou mesmo incrementáronse (desbroces sobre hábitats prioritarios, lumes, uso público irracional e insostible, uso de munición de chumbo nos humidais, etc). Actuacións que evidencian un claro incumprimento da Consellería de Medio Rural, das Directivas Aves e Hábitats, así como das obrigas establecidas no Convenio de Ramsar.
"Despois de dous anos sen tomar ningunha medida de xestión, a dinámica natural da lagoa, pon en evidencia a inadecuación de distintas actuacións realizadas sobre a zona de inundación (paseo marítimo, senda peonil, parcelas de vivendas). Actuacións que nunca se deberon autorizar, permitir, e menos aínda proxectar sen ter en conta a oscilación natural que se produce no humidal.
"Tralas denuncias reiteradas de ADEGA, o propio Conselleiro do Medio Rural declaraba no Día Mundial dos Humidais de 2010, que na apertura da lagoa “se lles foi a man” e prometía que antes de fin de ano (de 2010) disporíase dun "plan científico para conservar os humidais para o que a Consellería contactou con dous equipos técnicos especializados en simulacións de sistemas hidrolóxicos e hidráulica, para avaliar as súas propostas ao respecto. O equipo seleccionado traballará con outros expertos en botánica, zooloxía e ecoloxía, co obxectivo de probar a idoneidade das accións. Este estudo comezará de maneira inmediata, na primeira quincena deste mes de febreiro (2010)”. Estas declaracións foron posteriormente ratificadas en sede parlamentar. O propio Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, prometeu no 2010 “a creación dun plan de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”.
"E despois de dous anos instalada na pasividade a Consellería acaba de anunciuar nos medios que “durante o último ano están tomando datos diarios do seu nivel”. Non é isto o que prometera o Sr. Conselleiro do Medio Rural.
"ADEGA solicita á Consellería, que pasado longamente o prazo dado polo Conselleiro do Medio Rural, fáganse públicos eses estudos científicos sobre a evolución da lagoa nestes dous anos e que se expoña o “plan de conservación” prometido, se os hai. E recordámoslle á Consellería que, en calquera caso, os estudos non son o instrumento de xestión dun espazo natural protexido e que ao “plan de conservación” ao que se refiriu o Sr. Director Xeral terá que ter un periodo de información pública e aprobarse cun Decreto da Xunta para poder establecerse legalmente as medidas de conservación no humidal.
"E mentras tanto, recordámoslle á Consellería do Medio Rural a obriga de cumprir e facer cumprir a lexislación que afecta aos espazos naturais protexidos, e que calquera iniciativa que se tome teña como obxectivo a conservación e mellora do humidal, lexislación que non se tivo en conta na apertura da lagoa de 2009.

Contaminación do Mediterráneo: Portmán (Murcia)

A actividade mineira en La Unión (Murcia)

Portmán é unha localidade do concello de La Unión situada aos pés da serra de Cartagena-La Unión. Nela sitúase unha importante baía do litoral Mediterráneo.
A comarca da Unión tivo unha importante actividade mineira ata aos anos oitenta do século pasado. Os detritos contaminantes foron expusados a esta baía, unha das máis contaminadas deste litoral.

Vista da baía de Portmán

A fervenza do río Belelle

O río Belelle, que desemboca na ría de Ferrol perto do Xubia, dá vida a un profundo val no seu curso medio, con paraxes frondosos e de gran beleza paisaxística.
Un destes lugares é o que se forma nos arredores dunha fervenza onde a auga se despeña formando espectaculares cascadas. 
Cunha altura natural duns 45 metros foi elevada ata 153 cando se aproveitou para construír a presa de Fervenza.
O primeiro aprovechamiento fíxose con obxecto de proporcionar auga e enerxía ás fábricas de papel, cobrería e lenzos que comezaron a funcionar a finais do século XVIII en Neda. Máis tarde instalouse unha central eléctrica para fornezo de enerxía á cidade de Ferrol.
Nas beiras do Belelle desenvolveuse gran parte da sociedade nedense, pois as primeiras industrias forxáronse grazas ás súas augas. Nas beiras do río aínda podemos gozar dunha vexetación propia da zona atlántica. No tramo próximo á desembocadura vemos o típico bosque de galería, con especies vexetais interesantes, tales como biudeiros, alisos, etc. Na zona da Fervenza destaca o bosque típico, a "fraga", con bos exemplares de castiñeiros, carballos e abedules, que contrasta cos bosques de piñeiros e eucaliptos predominantes nesta área.
Grazas a estes exemplares que quedan, podemos recordar aqueles bosques de Neda, famosos e apreciados polas súas boas e abondosas madeiras. Grazas a estas, houbo un importante asteleiro, onde se construíu a nave de 200 toneis, símbolo do escudo do concello, que segundo as crónicas asistiu á reconquista de Algeciras en 1344. Co seu forte proa rompeu a cadea de ferro que protexía o porto. Por iso Neda tivo privilexios comerciais e sociais,  punto de partida das construcións navais ferrolás.
Nos ríos Belelle e Xubia disfrutase dla pesca da troita. Nos seus vales e montes temos a oportunidade de explorar o contorno a traverso de distintos camiños, a pé ou a cabalo.

Achan en Avión o río subterráneo máis caudaloso de toda Europa

Unha enorme cova de granito atrapa a auga neste concello ourensán da comarca do Ribeiro

Información de R. Román en La Voz de Galicia (20-10-2013)
 
É, salvando as distancias, o Guadiana de Galicia. Desaparece xusto na cabeceira do Avia, no Concello de Avión (Ourense) e mergúllase ao redor duns 250 metros antes de volver saír na superficie. É un fenómeno que non resulta infrecuente en Galicia, pero o que realmente o converte en singular é que o río é capturado literalmente por unha enorme cova granítica. D
esta forma transfórmase no río subterráneo máis caudaloso de Europa localizado nunha formación de granito. A auga flúe a un ritmo de 8,29 metros cúbicos por cada metro lineal, moito máis que calquera outra estrutura xeolóxica similar, tanto de España como de Galicia ou Europa.
A cova, que agora sae á luz, foi localizada dentro do proxecto de investigación Proxies 2, coordinado polo Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, da Universidade da Coruña, en colaboración co Club de Espeleoloxía A Trapa-Cetra, de Vigo, que se encarga de explorar a cavidade e de realizar a súa topografía para coñecer tamén como evolucionou ao longo do tempo.
«Covas deste tipo, con ríos tan voluminosos, non as coñecemos en Europa», explica Marcos Vaqueiro, do club espeleolóxico, que tamén participa na actualización dun atlas de covas de granito no mundo que ata o momento consta de 286 referencias en 34 países. O máis parecido á cova ourensá de Albarellos, con caudais de certa entidade, atópanse en Colorado, a Hurricane Cave, e en California, Millerton Lake Cave, ambas en Estados Unidos.


Un canón submarino

De momento, en Ourense só se ten topografiado un desenvolvemento de cova de 431 metros, cun desnivel de 34, aínda que se calcula que a distancia entre o punto máis alto e o máis baixo pode alcanzar os 50 metros e as súas dimensións ser o dobre da que agora se ha referenciado. «Como mínimo aínda nos queda un ano de traballo», apunta Vaquerizo, que tampouco descarta atopar novas sorpresas que enriquezan aínda máis o que xa de seu é un excepcional descubrimento xeolóxico, dada a súa singularidade. Outro dos seus notables valores é o achado dun canón submarino de cinco metros de ancho por doce de altura. « Chamámolo o Gran Canón», di Vaqueiro.
A formación subterránea formouse no Terciario, fai entre 69 e 24 millóns de anos, como o resto das cavidades graníticas de Galicia. «A cova está desenvolvida sobre granitos, e o movemento da auga é tan continuo e o río foi tan caudaloso durante millóns de anos que se encaixou nunha fractura, e despois a fisura encheuse de enormes bloques. Por iso agora o río corre por baixo de eles», explica Juan Ramón Vidal Ramón Romaní, director do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.
Ata agora, en Galicia coñecéranse outros sistemas parecidos, pero o de Albarellos supéraos a todos polo enorme caudal do río subterráneo. Os expertos calculan que as variacións de nivel da auga, en función da época do ano, poden ser de ata 21 metros de altura. É unha cova perigosa.

En Vigo e Tui tamén xurdiron outras fomacións parecidas

A cova da Trapa (Ribadelouro-Tui) era, ata agora, a de maiores dimensións rexistrada en Galicia sobre a que discorre un curso fluvial, aínda que neste caso se trata dun pequeno arroio en comparación co de Albarellos. Pero é tamén dunha formación excepcional, cun desenvolvemento en horizontal de 1.037 metros, máis do dobre do que ata agora se ha cartografiado na formación ourensá, e con 94 metros de desnivel. «Cavidades como A Trapa xogan na liga das grandes covas de granito, nas que en Europa destacan Höllickgrottan e Bodagrottorna, en Suecia», explica o espeleólogo Marcos Vaqueiro. Pero ningunha
aproxímase ao caudal de Albarellos, no Concello de Avión.
En Galicia, aínda que de menor entidade, tamén se localizaron formacións parecidas no Cebro (Monte Pindo) ou Adeghas (Carballiño-Ourense), mentres que no resto de España describíronse en Cáceres e Cataluña.
O Club de Espeleoloxía A Trapa-Cetra tamén foi chamado para participar en expedicións de exploración e topografía en proxectos internacionais. O último chegou de Swazilandia, en África.

As Pontes: da mina ao lago

Reportaxe sobre o futuro da mina de lignito das Pontes