Achan en Avión o río subterráneo máis caudaloso de toda Europa

Unha enorme cova de granito atrapa a auga neste concello ourensán da comarca do Ribeiro

Información de R. Román en La Voz de Galicia (20-10-2013)
 
É, salvando as distancias, o Guadiana de Galicia. Desaparece xusto na cabeceira do Avia, no Concello de Avión (Ourense) e mergúllase ao redor duns 250 metros antes de volver saír na superficie. É un fenómeno que non resulta infrecuente en Galicia, pero o que realmente o converte en singular é que o río é capturado literalmente por unha enorme cova granítica. D
esta forma transfórmase no río subterráneo máis caudaloso de Europa localizado nunha formación de granito. A auga flúe a un ritmo de 8,29 metros cúbicos por cada metro lineal, moito máis que calquera outra estrutura xeolóxica similar, tanto de España como de Galicia ou Europa.
A cova, que agora sae á luz, foi localizada dentro do proxecto de investigación Proxies 2, coordinado polo Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, da Universidade da Coruña, en colaboración co Club de Espeleoloxía A Trapa-Cetra, de Vigo, que se encarga de explorar a cavidade e de realizar a súa topografía para coñecer tamén como evolucionou ao longo do tempo.
«Covas deste tipo, con ríos tan voluminosos, non as coñecemos en Europa», explica Marcos Vaqueiro, do club espeleolóxico, que tamén participa na actualización dun atlas de covas de granito no mundo que ata o momento consta de 286 referencias en 34 países. O máis parecido á cova ourensá de Albarellos, con caudais de certa entidade, atópanse en Colorado, a Hurricane Cave, e en California, Millerton Lake Cave, ambas en Estados Unidos.


Un canón submarino

De momento, en Ourense só se ten topografiado un desenvolvemento de cova de 431 metros, cun desnivel de 34, aínda que se calcula que a distancia entre o punto máis alto e o máis baixo pode alcanzar os 50 metros e as súas dimensións ser o dobre da que agora se ha referenciado. «Como mínimo aínda nos queda un ano de traballo», apunta Vaquerizo, que tampouco descarta atopar novas sorpresas que enriquezan aínda máis o que xa de seu é un excepcional descubrimento xeolóxico, dada a súa singularidade. Outro dos seus notables valores é o achado dun canón submarino de cinco metros de ancho por doce de altura. « Chamámolo o Gran Canón», di Vaqueiro.
A formación subterránea formouse no Terciario, fai entre 69 e 24 millóns de anos, como o resto das cavidades graníticas de Galicia. «A cova está desenvolvida sobre granitos, e o movemento da auga é tan continuo e o río foi tan caudaloso durante millóns de anos que se encaixou nunha fractura, e despois a fisura encheuse de enormes bloques. Por iso agora o río corre por baixo de eles», explica Juan Ramón Vidal Ramón Romaní, director do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.
Ata agora, en Galicia coñecéranse outros sistemas parecidos, pero o de Albarellos supéraos a todos polo enorme caudal do río subterráneo. Os expertos calculan que as variacións de nivel da auga, en función da época do ano, poden ser de ata 21 metros de altura. É unha cova perigosa.

En Vigo e Tui tamén xurdiron outras fomacións parecidas

A cova da Trapa (Ribadelouro-Tui) era, ata agora, a de maiores dimensións rexistrada en Galicia sobre a que discorre un curso fluvial, aínda que neste caso se trata dun pequeno arroio en comparación co de Albarellos. Pero é tamén dunha formación excepcional, cun desenvolvemento en horizontal de 1.037 metros, máis do dobre do que ata agora se ha cartografiado na formación ourensá, e con 94 metros de desnivel. «Cavidades como A Trapa xogan na liga das grandes covas de granito, nas que en Europa destacan Höllickgrottan e Bodagrottorna, en Suecia», explica o espeleólogo Marcos Vaqueiro. Pero ningunha
aproxímase ao caudal de Albarellos, no Concello de Avión.
En Galicia, aínda que de menor entidade, tamén se localizaron formacións parecidas no Cebro (Monte Pindo) ou Adeghas (Carballiño-Ourense), mentres que no resto de España describíronse en Cáceres e Cataluña.
O Club de Espeleoloxía A Trapa-Cetra tamén foi chamado para participar en expedicións de exploración e topografía en proxectos internacionais. O último chegou de Swazilandia, en África.