Amosando publicacións coa etiqueta Economía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Economía. Amosar todas as publicacións

Los lunes al sol

Os luns ao sol, titulada orixinalmente en castelán Los lunes al sol, é unha película de Fernando León de Aranoa protagonizada por Javier Bardem e actores galegos como Luis Tosar ou José Ángel Egido entre outros.
Esta produción rodada principalmente entre Vigo e Xixón e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.

Argumento

O escenario desta película é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas son un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.


Trailer da película




A miragre alemana? E esta a reforma laboral que queremos?

O sociólogo Antonio Brettschneider explica no programa Salvados en que consistíu a reforma laboral alemana


Desigualdade na fiscalidade en España

Intermon analiza a inxustiza nos impostos: tanto tes, tanto pagas?

As familias aportan case 50 veces máis ás arcas públicas que as grandes empresas

Poñer couto ao fraude fiscal, blindar as cotizacións sociais e gravar máis a acumulación de riqueza son algunhas das medidas propostas pola organización para reducir a desigualdade e loitar contra a pobreza e a exclusión social a través dunha maior equidade fiscal
Oxfam Intermón presenta o informe “Tanto tienes ¿Tanto pagas?” e lanza unha campaña de mobilización cidadá pedindo ao Presidente do Goberno que aplique un decálogo de principios que debe rexir a reforma da política fiscal que o Goberno debe aprobar este ano.

Facenda non somos todos. Mentres ti pagas as grandes empresas tributan 10 veces menos, teñen filiais en paraísos fiscais  e son responsables do 72% do fraude fiscal en España.


Españistán

A situación da crise económica en España contada nun vídeo duns seis minutos


Instituto Nacional de Estadística

O Instituto Nacional de Estatística é un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito ao Ministerio de Economía e Facenda, á organización estatística en España e a súa lexislación, ao Sistema Estatístico Europeo e cómo está organizado e tamén á Oficina do Censo Electoral, que es el órgano encargado da formación do censo electoral.

Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas

Un libro de Xavier Vence para entender a crise económica actual

Este libro recolle reflexións sobre a actual crise do capitalismo neoliberal dende as súas orixes ata o momento actual. Dende os diagnósticos iniciais ata a valoración dos feitos máis importantes que foron acontecendo ao longo destes anos, así como as medidas de política económicas que foron adoptando as autoridades económicas no G-20, FMI, bancos centrais, Unión Europea, Goberno central e Xunta de Galicia.
A crise é de maior envergadura do que se admitiu nun principio e do que se admite hoxe en día. Os problemas financeiros trasladáronse, pola vía do rescate bancario, ao orzamento público. Nese momento temblaron os cimentos dun modelo de acumulación económica.
Xavier Vece estrutura o seu traballo en bloques: a mirada global, o ataque ao Estado de benestar, o desmantelamento das caixas ou as reformas laborais. Recupera textos publicados en Tempos Novos e Xornal de Galicia e engade outros inéditos. Con estas pezas fai unha análise na que se prantexa "reconsiderar o proceso de globalización" e para iso receita: "regulación estrita do capital financeiro, eliminar os paraísos fiscais, recuperar e garantizar o equilibrio comercial dos países".
Porque o tamén autor de O fracaso neoliberal na Galiza (A Nosa Terra, 2005) avisa da necesidade de atender aos desaxustes comerciais nos que ten desembocado 30 anos de neoliberalismo. "A desmontaxe industrial e a deslocalización de empresas nos países europeos periféricos", expón, "contribuíu a dividir o mundo entre produtores -países como China- e consumidores por vía do endebedamento. Iso non é sustentable a medio prazo".
Pero a saída prantexada por Vence a estes tempos, acelerados dende a quebra en 2008 de Lehman Brothers, non parece o sentido común dominante. "Sí, é certo.  O neoliberalismo radicalizou a súa aposta", explica quen avanzou a desaparición pola vía bancaria das caixas de aforros, "sen embargo, é inviable". Non opinan así únicamente os científicos sociais progresistas, engade, senon  "os profesionais e incluso o empresariado produtivo. Outra cousa é que non o digan en voz alta". Do calexón sen saída dos rectortes, "o autoestrangulamento", escaparase mediante a loita social. "A non ser que a poboación estexa disposta a reducir un 40% o seu nivel de vida", conclúe.

Hanjin America

Os portacontenedores

Nun instante, 16 millóns de caixas metálicas navegan dun lado a outro do planeta. De Alxeciras a Hamburgo, dos reporteiros de El País Semanal súbense nun barco de mercancías. Una aventura no mar tras a pista dos contenedores. 

Ler reportaxe de Guillermo Abril Así viaja todo en El País Semanal 17/11/2012 

Fotografía de Alfredo Cáliz. "El País Semanal" 18/11/2012

 O Hanjin America é un dos portacontenedores máis grande do mundo: 366 m de eslora 48 m de manga 180.000 tm de capacidade Ten capacidade para levar 13.100 caixas metálicas de 20 pés. 

 


 O porto de Alxeciras

O qunto máis importante de Europa e o primeiro do Mediterráneo 

O Prestige unha década despois

Que aprendimos 10 anos despois? 
 
   


DésCÁLOGO 

Dés-feito o Litoral 
Dés-manteladas a cultura, a educación e a sanidade 
Dés-moronados o agro, a industria e a pesca 
Dés-terrada unha nova xeración de moz@s 
Dés-contento o pobo 
Dés-acreditada a clase política 
Dés-baratados os cartos públicos en delirios faraónicos 
Dés-afiuzada a xente 
Dés-prezada a lingua 
Dés-protexidos os nosos bens naturais por todos os gobernos Que nos queda? 
Dés-ertar ou Es-pertar?