Os luns ao sol, titulada orixinalmente en castelán Los lunes al sol, é unha película de Fernando León de Aranoa protagonizada por Javier Bardem e actores galegos como Luis Tosar ou José Ángel Egido entre outros.
Esta produción rodada principalmente entre Vigo e Xixón e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.
Argumento
O escenario desta película é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas son un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.