Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións

Vilamor

Unha nova película de Ignacio Vilar

Sinopse

Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor (no concello de Negueira de Muñiz). Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.


Cenizas del cielo

Unha película sobre o efecto invernadoiro e algo máis

Sinopse: 

Ferguson (Gary Piquer), un escocés aventureiro, escritor de guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixalle encallado, non precisamente á beira dunha fermosa praia, senón baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí, e descobre un novo mundo, un “lugar imposible” onde vai iniciar unha peculiar amizade con Federico (Celso Bugallo), un home de campo que cre que o compromiso de Kyoto vai pechar a térmica que contamina o val.


Será Federico o que fará descubrir ao inglés a singular vida nese microcosmos ameazado. Alí vive Cristina (Clara Segura), unha muller con dous fillos que vive pegada á Térmica; unha parella que cre non poder ter fillos por culpa da térmica (Fran Sariego e Beatriz Rico); un mineiro prexubilado obsesionado co golf (Adriano Prieto); e un pescador que pesca de todo excepto peixes. Aos poucos, Ferguson verase inmerso no compromiso de apoiar a Federico na súa loita contra a central térmica. Ninguén saberá quen sairá vitorioso… alguén poderá vencer ao Progreso?

O Prestige unha década despois

Que aprendimos 10 anos despois? 
 
   


DésCÁLOGO 

Dés-feito o Litoral 
Dés-manteladas a cultura, a educación e a sanidade 
Dés-moronados o agro, a industria e a pesca 
Dés-terrada unha nova xeración de moz@s 
Dés-contento o pobo 
Dés-acreditada a clase política 
Dés-baratados os cartos públicos en delirios faraónicos 
Dés-afiuzada a xente 
Dés-prezada a lingua 
Dés-protexidos os nosos bens naturais por todos os gobernos Que nos queda? 
Dés-ertar ou Es-pertar?