O río Belelle, que desemboca na ría de Ferrol perto do Xubia, dá vida a un profundo val no seu curso medio, con paraxes frondosos e de gran beleza paisaxística.
Un destes lugares é o que se forma nos arredores dunha fervenza onde a auga se despeña formando espectaculares cascadas.
Cunha altura natural duns 45 metros foi elevada ata 153 cando se aproveitou para construír a presa de Fervenza.
O primeiro aprovechamiento fíxose con obxecto de proporcionar auga e enerxía ás fábricas de papel, cobrería e lenzos que comezaron a funcionar a finais do século XVIII en Neda. Máis tarde instalouse unha central eléctrica para fornezo de enerxía á cidade de Ferrol.
Nas beiras do Belelle desenvolveuse gran parte da sociedade nedense, pois as primeiras industrias forxáronse grazas ás súas augas. Nas beiras do río aínda podemos gozar dunha vexetación propia da zona atlántica. No tramo próximo á desembocadura vemos o típico bosque de galería, con especies vexetais interesantes, tales como biudeiros, alisos, etc. Na zona da Fervenza destaca o bosque típico, a "fraga", con bos exemplares de castiñeiros, carballos e abedules, que contrasta cos bosques de piñeiros e eucaliptos predominantes nesta área.
Grazas a estes exemplares que quedan, podemos recordar aqueles bosques de Neda, famosos e apreciados polas súas boas e abondosas madeiras. Grazas a estas, houbo un importante asteleiro, onde se construíu a nave de 200 toneis, símbolo do escudo do concello, que segundo as crónicas asistiu á reconquista de Algeciras en 1344. Co seu forte proa rompeu a cadea de ferro que protexía o porto. Por iso Neda tivo privilexios comerciais e sociais, punto de partida das construcións navais ferrolás.
Nos ríos Belelle e Xubia disfrutase dla pesca da troita. Nos seus vales e montes temos a oportunidade de explorar o contorno a traverso de distintos camiños, a pé ou a cabalo.