En 62.506 habitantes medrou a poboación galega na última década segundo a comparativa dos padróns municipais revisados destes dous períodos. Como se pode observar na táboa, son as provincias atlánticas as que tiran do crecemento mentres que as provincias do interior seguen cunha tendencia cara ao despoboamento.
Este crecemento vén motivado ,principalmente, polo fenómeno inmigratorio dado que o crecemento natural mantense en cifras negativas.
Evolución xeral dos distintos concellos
Os datos da táboa e o mapa son moi significativos dos enormes contrastes producidos na evolución da poboación por comarcas e concellos. Algo menos do 30% dos concellos galegos medraron en poboación na última década. Se observamos os datos e o mapa temático, a maioría concentranse nas provincias occidentais destacando principalmente a provincia de Pontevedra na que en case dous terzos dos seus concellos medrou a poboación. O eixe Atlántico dende o Golfo Ártabro, vertebrado pola área metropolitana coruñesa, pasando polas comarcas de Santiago, Pontevedra e a área metropolitana viguesa para continuar ata o Baixo Miño centralizan a maioría dos concellos que incrementaron a poboación. No caso contrario tanto Lugo como Ourense perderon poboación case no 90% dos seus municipios.
A Coruña: nun terzo dos concellos subiu a poboación nesta última década. Estes concellos concéntranse na área metropolitana da Coruña con máis de 400.000 habitantes. A área metropolitana expande radialmente o crecemento cara A Laracha e Carballo, no sector occidental. En dirección á comarca de Ordes e cara Ferrolterra, pechando o denominado Golfo Ártabro. É precisamente en Ferrolterra onde se dá un fenómeno contraditorio. Por un lado hai un incremento demográfico principalmente no concello de Narón (en menor medida en Valdoviño) pero Ferrol e moitos dos dos concellos da comarca (Fene, Mugardos, San Sadurniño, Neda...) perden poboación. A crise do sector naval que afectou en décadas anteriores segue dando mostra deste letargo.
Outra comarca importante de crecemento demográfico é a Terra de Santiago. Principalmente o incremento prodúcese na periferia de Santiago que son os que o impulsan, destacando o concellos de Ames e Teo e, en menor medida Brión e Oroso. Case 180.000 habitantes concéntranse ao redor da capital de Galicia. Por último destacar outras áreas de incremento de poboación: Noia e o Barbanza. Neste último caso a situación é irregular posto que só medran os concellos situados na ría de Arousa e non todos (só Boiro e Ribeira subiron en poboación na última década).
Noutra cara da moeda están os 62 concellos que perderon poboación. Concéntranse en tres áreas: o norte da provincia (comarca de Ortegal), o interior oriental e, sobre todo, na Costa da Morte. Só un concello deste área incrementou a poboación nos últimos dez anos: Cee.
Lugo e Ourense: o interior galego acapara a inmensa maioría do decrecemento demográfico. No caso de Lugo tan só 7 dos 67 municipios incrementan a poboación estes atópanse en dúas áreas: a Mariña lucense (Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo) suben e no centro a capital e os concellos limítrofes a esta (Outeiro de Rei e Rábade) son os únicos exemplos desta subida. O resto perde poboación, destacando os concellos orientais (con fortes baixadas) onde predominan as áreas montañosas.
O caso de Ourense é moi similar (11 dos 92) concentrados no entorno de Ourense (Barbadás, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar a pesar de que a súa capital perde poboación) e nas cabezas comarcais do Carballiño, Ribadavia, Allariz, Xinzo de Limia, Verín e o Barco de Valdeorras. O sur da provincia e a súa parte oriental é a que concentra as maiores perdas demográficas.
Pontevedra: como sinalamos anteriormente, é a que tivo maior incremento demográfico tanto en termos absolutos como relativos. As comarcas que teñen maior incremento centranse na área metropolitana de Vigo (con máis de 500.000 habitantes), Pontevedra, a comarca do Salnés, do Morrazo, o Baixo Miño, O Condado e A Paradanta. No interior da provincia é onde se sitúan os exemplos de baixada. Aínda así, concellos da comarca do Deza como Lalín e Silleda incrementan a súa poboación.
Análise por provincias