Trala súa última película 'También la lluvia', Iciar Bollain estrea en febreiro de 2012 o seu novo traballo, 'Katmandú', baseado en feitos reais.
Conta a historia de Laia, unha moza mestra catalá, que se traslada a Katmandú para traballar nunha escola local. Pronto descubrirá unha pobreza extrema e un panorama educativo desolador que ademais deixa fóra aos máis necesitados.
Tras contraer, ao seu pesar, un matrimonio de conveniencia para legalizar a súa situación, Laia emprende un ambicioso proxecto pedagóxico nos barrios de chabolas de Katmandú, aínda que pronto se dá conta de que non pode facelo soa. Ao mesmo tempo, de forma inesperada, namórase do seu marido.
Seguindo á moza mestra Sharmila, emprende unha viaxe ata o fondo da sociedade nepalí, e tamén ata o fondo de si mesma. Drama que se basea na historia real da mestra Vitoria Subirana, unha catalá nada en 1959, que descubriu que o seu traballo era moito máis útil nun país sen alfabetizar. A cinta está protagonizada por Verónica Echegui, Sumyata Battarai e Norbu Tsering Gurun.