«A horta da Coruña» pasou a formar parte do municipio coruñés, tras un longo e polémico proceso
«A todos os que a presente veren e entenderen,
sabede: que as Cortes decretaron e Nós sancionado o seguinte: Artigo 1º.
Agrégase ao termo municipal da Coruña (sic) o de Santa María de Oza».
Isto dicía o 13 de xullo de 1912 a Gaceta de Madrid (agora Boletín
Oficial do Estado) nun texto datado dous días antes e encabezado por
«Don Alfonso XIII pola graza de Deus e a Constitución, Rei de España».
Era a anexión doutra Oza, a de Santa María ,
engulida hai agora cen anos pola Coruña que entón tiña 8 quilómetros
cadrados, tres veces menos que os 24 de Santa María de Oza.
A porcentaxe era notablemente inverso na poboación, con case 50.000 veciños coruñeses fronte a uns 9.000 residentes de Oza.
Sta. María de Oza: un concello na periferia da Coruña
Con aquela decisión das Cortes concluía un longo e
polémico proceso de fusión de máis de dúas décadas entre un municipio
urbano, como o coruñés, e outro rural onde «a poboación é maiormente de
condición humilde e dedícase á agricultura e a gandería, é a horta do
Concello da Coruña».
A absorción de Oza pola Coruña, xunto coa de Conxo por Santiago en 1925 e
a de Serantes por parte de Ferrol en 1940, son
os tres casos de fusión de concellos que tiveron lugar na
provincia coruñesa durante o último século (se non temos en conta a modificación de de parroquias que pasaron dun concello a outro nalgúns concellos coruñeses). Ao ano seguinte da de
Serantes, sería o de Vigo o que absorbería ao de Lavadores. E aí
terminou a tendencia anexionista, que deu paso nos anos oitenta ás
segregacións: Cariño de Ortigueira, Burela de Cervo e A Illa de Arousa
de Vilanova.