José Antonio Labordeta

Nado en Zaragoza en 1935, José Antonio Labordeta foi un cantautor, escritor e político aragonés e profesor de secundaria xubilado.  O seu pai foi catedrático de latín, militante de Izquierda Republicana, que despois do triunfo da sublevación franquista, foi represaliado e veuse obrigado a renunciar á súa cátedra.
José Antonio rematou en 1960 a carreira de Filosofía e Letras, exercendo dous anos como lector de español en Francia. Á volta, en 1963 estivo exercendo a docencia na ensinanza secundaria, primeiro en Teruel e posteriormente en Zaragoza.


Irmán do poeta Miguel Labordeta, é considerado como un dos principais representantes da "canción de autor" española (os chamados cantautores).
Comezou a súa carreira musical en 1963, destacando os seus álbumes Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975) e Las cuatro estaciones (1981). Participou na creación do semanario Andalán. É autor de varios libros de poemas, unha novela (Cada cual que aprenda su juego, 1974) e unhas memorias (Con la voz a cuestas, 1982). Entre os seus últimos títulos destacan Aragón en la mochila (1983), Los amigos contados (1994), Un país en la mochila (1995), Memorias de un beduino en el Congreso de los Diputados (2009). Realizou e presentou o programa de Televisión Española Un país na mochila, parte do cal contén percorridos por Galicia.
Membro da Chunta Aragonesista (CHA) foi elixido deputado por Zaragoza en 2000 e 2004, sendo o voceiro deste partido aragonés no Congreso dos Deputados. A inicios do ano 2008 despediuse do seu escano, pois pensaba non voltar a presentarse as eleccións.
Faleceu, despois dunha longa enfermidade, o 19 de setembro de 2010.
A sua faceta como divulgador da xeografía de España
Un País en la mochila serie producida por TVE e dirixida por José Antonio Labordeta. É un interesante percorrido xeográfico e humano pola riquísima diversidade do Estado.
A serie conseguiu unir a calidade que tivo co éxito de audiencia. A súa principal orixinalidade consiste en saber adaptar ao formato audiovisual o estilo narrativo dos libros de viaxes. Mestura estilo sinxelo e profundo descubrindo paraxes insólitos da xeografía de España.
29 rutas foron narradas e visualizadas entre o ano 1992 e 2000. Estes son os seus títulos:

AL SUR DE ALICANTE (Alicante. C. Valenciana)
VALLE DE ANDARAX (Almería. Andalucía),
LA RUTA DEL MÁRMOL (Almería.Andalucía).
DE PANES A POTES (Asturias e Cantabria),
ENCARTADOS (Bizkaia. País Vasco),
LA VERA DE CÁCERES (Cáceres. Extremadura)
VALLE DEL AMBROZ (Cáceres. Extremadura)
POR TIERRAS DE CANTABRIA (Cantabria)
CAMPO DE CALATRAVA (Ciudad Real-C.La Mancha)
ALTO TAJO Y SEÑORÍO DE MOLINA (Guadalajara.C.La Macha)
SIERRA DE ARACENA (Huelva.Andalucía)
DE LA TRAMUNTANA AL PLÁ (Mallorca.Illas Baleares)
MENORCA (Illas Baleares)
SIERRAS DE SEGURA (Jaén-Andalucía)
ESTAR EN BABIA (León.C-León)
LA RIOJA.
SIERRA NORTE DE MADRID
EL REINO DE LA LUZ (Murcia)
EL VALLE DEL RONCAL (Navarra),
LEJOS DEL MAR (Ourense-Galicia),
BAIXO MIÑO (Pontevedra-Galicia)
LA GOMERA (Sta. Cruz de Tenerife.Canarias)
EL HIERRO (Sta. Cruz de Tenerife.Canarias)
EL DURATÓN (Segovia-C_León)
DONDE EL EBRO SE HACE DELTA (Tarragona-Catalunya)
EL PRIORATO (Tarragona-Catalunya)
EL MAESTRAZGO DE TERUEL (Teruel-Aragón)
ALISTE (Zamora-C.León)
EL MONCAYO (Zaragoza-Aragón)

Un país en la mochila: fragmento de O Baixo Miño


Como cantautor: Albada


Un político peculiar


Parodia publicitaria


Entrevistado por El Follonero