José Antonio Labordeta

Nado en Zaragoza en 1935, José Antonio Labordeta foi un cantautor, escritor e político aragonés e profesor de secundaria xubilado.  O seu pai foi catedrático de latín, militante de Izquierda Republicana, que despois do triunfo da sublevación franquista, foi represaliado e veuse obrigado a renunciar á súa cátedra.
José Antonio rematou en 1960 a carreira de Filosofía e Letras, exercendo dous anos como lector de español en Francia. Á volta, en 1963 estivo exercendo a docencia na ensinanza secundaria, primeiro en Teruel e posteriormente en Zaragoza.


Irmán do poeta Miguel Labordeta, é considerado como un dos principais representantes da "canción de autor" española (os chamados cantautores).
Comezou a súa carreira musical en 1963, destacando os seus álbumes Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975) e Las cuatro estaciones (1981). Participou na creación do semanario Andalán. É autor de varios libros de poemas, unha novela (Cada cual que aprenda su juego, 1974) e unhas memorias (Con la voz a cuestas, 1982). Entre os seus últimos títulos destacan Aragón en la mochila (1983), Los amigos contados (1994), Un país en la mochila (1995), Memorias de un beduino en el Congreso de los Diputados (2009). Realizou e presentou o programa de Televisión Española Un país na mochila, parte do cal contén percorridos por Galicia.
Membro da Chunta Aragonesista (CHA) foi elixido deputado por Zaragoza en 2000 e 2004, sendo o voceiro deste partido aragonés no Congreso dos Deputados. A inicios do ano 2008 despediuse do seu escano, pois pensaba non voltar a presentarse as eleccións.
Faleceu, despois dunha longa enfermidade, o 19 de setembro de 2010.
A sua faceta como divulgador da xeografía de España
Un País en la mochila serie producida por TVE e dirixida por José Antonio Labordeta. É un interesante percorrido xeográfico e humano pola riquísima diversidade do Estado.
A serie conseguiu unir a calidade que tivo co éxito de audiencia. A súa principal orixinalidade consiste en saber adaptar ao formato audiovisual o estilo narrativo dos libros de viaxes. Mestura estilo sinxelo e profundo descubrindo paraxes insólitos da xeografía de España.
29 rutas foron narradas e visualizadas entre o ano 1992 e 2000. Estes son os seus títulos:

AL SUR DE ALICANTE (Alicante. C. Valenciana)
VALLE DE ANDARAX (Almería. Andalucía),
LA RUTA DEL MÁRMOL (Almería.Andalucía).
DE PANES A POTES (Asturias e Cantabria),
ENCARTADOS (Bizkaia. País Vasco),
LA VERA DE CÁCERES (Cáceres. Extremadura)
VALLE DEL AMBROZ (Cáceres. Extremadura)
POR TIERRAS DE CANTABRIA (Cantabria)
CAMPO DE CALATRAVA (Ciudad Real-C.La Mancha)
ALTO TAJO Y SEÑORÍO DE MOLINA (Guadalajara.C.La Macha)
SIERRA DE ARACENA (Huelva.Andalucía)
DE LA TRAMUNTANA AL PLÁ (Mallorca.Illas Baleares)
MENORCA (Illas Baleares)
SIERRAS DE SEGURA (Jaén-Andalucía)
ESTAR EN BABIA (León.C-León)
LA RIOJA.
SIERRA NORTE DE MADRID
EL REINO DE LA LUZ (Murcia)
EL VALLE DEL RONCAL (Navarra),
LEJOS DEL MAR (Ourense-Galicia),
BAIXO MIÑO (Pontevedra-Galicia)
LA GOMERA (Sta. Cruz de Tenerife.Canarias)
EL HIERRO (Sta. Cruz de Tenerife.Canarias)
EL DURATÓN (Segovia-C_León)
DONDE EL EBRO SE HACE DELTA (Tarragona-Catalunya)
EL PRIORATO (Tarragona-Catalunya)
EL MAESTRAZGO DE TERUEL (Teruel-Aragón)
ALISTE (Zamora-C.León)
EL MONCAYO (Zaragoza-Aragón)

Un país en la mochila: fragmento de O Baixo Miño


Como cantautor: Albada


Un político peculiar


Parodia publicitaria


Entrevistado por El Follonero

Domingo Fontán. Galicia cartografiada nas súas verdadeiras proporcións

Domingo Fontán Rodríguez (Portadeconde, Portas, 7 de abril de 1788 - Cuntis, 24 de outubro de 1866), ilustrado galego, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.
Pasou boa parte da súa vida vinculada á Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os estudos de Filosofía, matriculouse ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias Exactas e Teoloxía. En 1811 comezou a súa carreira de profesor nesta universidade.



Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano en que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo.

Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, construída en Lousame en 1863, e traballou tamén no deseño do trazado da primeira linea férrea de Galicia en 1858, que uniu Santiago con Carril, proxecto aprobado polas Cortes en 1861, e que non foi inaugurado ata dez anos despois.

Está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Carta Xeométrica de Galicia é un mapa físico de Galicia, o primeiro da historia realizada con medicións matemáticas, obra de Domingo Fontán.

Domingo Fontán investiu na súa realización dezasete anos da súa vida (1817-1834). Esta obra foi o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (medición de bases, triangulación, altimetría barométrica, etc.). Para cartografar Galicia aproveitou os avances científicos, provenientes sobre todo de Francia, e desenvolveu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para os que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago e adquiridos en Paris e Londres.             
Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na Catedral de Santiago de Compostela. En 1817 iniciou os traballos da Carta, realizada a unha escala 1:100.000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para a súa redacción. Nese momento queda exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta Carta tivo que percorrer a pé e a cabalo toda Galicia.  Nela aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e todos os accidentes xeográficos importantes acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 acaba os traballos da Carta, e preséntaa á Rexente María Cristina que dará orde de imprimila. ata 1845 non foi posible a súa impresión, que se realizou en París, baixo a súa dirección polo gravador  L. Bouffard.
O escritor da Xeración Nós, Ramón Otero Pedrayo, conserva unha das Cartas orixinais no seu pazo de Trasalba (Amoeiro, Ourense).

Unha mirada a un veciño español: Marrocos

O escritor Lorenzo Silva narra unha viaxe polas terras do noso veciño do sur

Para Lorenzo Silva percorrer Marrocos é facer realidade un soño de infancia e, á vez, penetrarse no impresionante escenario da aventura bélica do seu avó, combatente do montón na chamada guerra de Africa. Ao longo de oito xornadas, e coa compañía do seu irmán e un amigo, o escritor explora o interior do país para descubrir –e descubrirnos- a áspera rexión do Rif e a zona non menos agreste do Yebala, e de paso lugares como Melilla, Annual, Alhucemas, Xauen, Larache, Alcazarseguer, Tánxer, Fes, a antiga cidade romana de Volúbilis ou Rabat. Tamén a calor atafegante do verán africano -o mesmo calor que sentiron os soldados que loitaban co seu avó-, a cor da terra vermella, como de herrumbre, o sabor do té con hierbabuena, o son da música andalusí ou o silencio dos camiños pésimos e os esmoleiros inmóbiles.

A viaxe desvela o Marrocos presente e o anuda á historia da guerra pasada, que acode a estas páxinas coa enfebrecida claridade da miraxe: combates reducidos a cazarías, o heroísmo inútil, o desdén dos gobernantes, o horror. E fronte aos españois, sobresae Abd o-Krim, artífice da resistencia rifeña, un home capaz de machucar ao inimigo e de render ao mesmo tempo honras militares ao cadáver do seu antigo amigo o coronel Morais, antes de devolvelo nun ataúde de zinc ás autoridades españolas.


Un apuntamento do autor

Hai lugares nos que non nacemos que, por razóns diversas, e ás veces non do todo comprensibles, non nos son estraños. Iso é o que me pasa a min con Marrocos. É unha terra á que me unen vínculos familiares (un dos meus avós está enterrado en Rabat, o outro andou guerreando por terras marroquís desde 1920 ata 1926) e desde que a pisei por primeira vez, alá por 1969, exerceu sobre min unha estraña fascinación. Este libro, en parte un relato de viaxes, e en parte unha reflexión sobre o onte e o hoxe da relación entre Marrocos e España, xurdiu case por casualidade. En realidade, a razón inicial pola que viaxei en 1997 a Marrocos foi para documentarme sobre o terreo mentres preparaba "El nombre de los nuestros", cuxa acción transcorre en terras do Rif, no nordeste do país. Xa que me desprazaba ata esa rexión, atraeume a idea de atravesala de punta a punta, e xa que ía estar preto, pareceume unha boa ocasión para percorrer outros lugares, especialmente a zona do Yebala, por onde estivera o meu avó paterno durante a guerra. O Rif e o Yebala, que xuntas forman a franxa norte de Marrocos, son tamén as dúas grandes rexións en que se dividía o antigo Marrocos español. Mentres durou a viaxe, fun tomando apuntamentos, case sen poder evitalo. Tamén tiña moitas notas sobre a penosa aventura de España no norte de África, sobre as peripecias bélicas do meu avó, sobre a historia de Marrocos en xeral... Xuntando todo iso, o pasado e as impresións tomadas de primeira man do Marrocos actual, saíu este libro. Pode lerse como unha simple narración, porque no fondo non é máis que a recompilación das moitas historias marroquís que me foron saíndo ao paso e que me pareceron interesantes e dignas de ser lembradas. Especialmente para quen viven no meu país, cuxo destino dificilmente pode desligarse das vicisitudes dos nosos veciños de allende o Estreito. 

Unidade 3. O clima




https://drive.google.com/file/d/0B-MKpGhLoM5cVHBYWkpHQVVOQk0/edit?usp=sharing
Cuestionario clima