Sinopse:
Ferguson (Gary Piquer), un escocés aventureiro, escritor de guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixalle encallado, non precisamente á beira dunha fermosa praia, senón baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí, e descobre un novo mundo, un “lugar imposible” onde vai iniciar unha peculiar amizade con Federico (Celso Bugallo), un home de campo que cre que o compromiso de Kyoto vai pechar a térmica que contamina o val.
Será Federico o que fará descubrir ao inglés a singular vida nese microcosmos ameazado. Alí vive Cristina (Clara Segura), unha muller con dous fillos que vive pegada á Térmica; unha parella que cre non poder ter fillos por culpa da térmica (Fran Sariego e Beatriz Rico); un mineiro prexubilado obsesionado co golf (Adriano Prieto); e un pescador que pesca de todo excepto peixes. Aos poucos, Ferguson verase inmerso no compromiso de apoiar a Federico na súa loita contra a central térmica. Ninguén saberá quen sairá vitorioso… alguén poderá vencer ao Progreso?