Desigualdade na fiscalidade en España

Intermon analiza a inxustiza nos impostos: tanto tes, tanto pagas?

As familias aportan case 50 veces máis ás arcas públicas que as grandes empresas

Poñer couto ao fraude fiscal, blindar as cotizacións sociais e gravar máis a acumulación de riqueza son algunhas das medidas propostas pola organización para reducir a desigualdade e loitar contra a pobreza e a exclusión social a través dunha maior equidade fiscal
Oxfam Intermón presenta o informe “Tanto tienes ¿Tanto pagas?” e lanza unha campaña de mobilización cidadá pedindo ao Presidente do Goberno que aplique un decálogo de principios que debe rexir a reforma da política fiscal que o Goberno debe aprobar este ano.

Facenda non somos todos. Mentres ti pagas as grandes empresas tributan 10 veces menos, teñen filiais en paraísos fiscais  e son responsables do 72% do fraude fiscal en España.